A figura do Apóstolo e as cunchas, os recordos máis vendidos en Santiago
A figura do Apóstolo e as cunchas, os recordos máis vendidos en Santiago
Obxectos relixiosos, como rosarios, e doces tradicionais tamén son moi demandados entre os visitantes
Faise imposible non comezar a listaxe dos recordos máis vendidos nas tendas da zona vella de Santiago sen falar da cuncha do peregrino que aparece en case calquera obxecto que poidamos imaxinar. A maioría dos clientes levaban algunha nas súas bolsas.
Pero de todos os xeitos, hai algo que se vende aínda máis que as cunchas: as figuras relacionadas co Apóstolo Santiago. Obxectos relixiosos coma rosarios ou crucifixos, pero tamén doces tradicionais, son moi demandados entre os visitantes.
Bastóns de peregrino, imáns, parches para mochilas, camisetas, suadoiros, gaitas, xoguetes e unha chea de material de oficina cos símbolos do Camiño enchen as tendas de recordos, aínda que sempre hai quen busca algo máis orixinal, como algunha peza artística.
As tendas non dan feito nestes meses de verán porque ninguén quere marchar sen o seu recordo do Camiño, de Santiago ou de Galicia.