Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Día da Árbore busca poñer en valor os bosques na loita contra o cambio climático

O Día da Árbore busca poñer en valor os bosques na loita contra o cambio climático

Os expertos distinguen entre bosques e plantacións forestais, cunha menor biodiversidade

Félix Aragunde 21/03/2024 20:14 Última actualización 21/03/2024 20:39

Como cada ano, neste 21 de marzo, celébrase o Día Internacional dos Bosques, tamén coñecido como Día da Árbore.

A data fora establecida a pasada década polas Nacións Unidas co obxectivo de resaltar o papel das formacións boscosas á hora de mitigar as emisións de carbono na loita contra o cambio climático.

Antonio Rigueiro, profesor emérito do departamento de Produción Vexetal da USC: "Emiten osíxeno á atmosfera, de onde incorporan dióxido de carbono, un dos gases de efecto invernadoiro. Contribúen a reducir a concentración dese gas e a reducir ese efecto".

No que a bosques se refire, o noso país conta cun enorme patrimonio natural. Para poñelo en valor, existe a figura do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, do que forman parte preto de 170 exemplares e 44 bosques, entre eles dous carballos centenarios da parroquia luguesa de Fixós.

Neste sentido, os expertos na materia diferencian entre formacións boscosas e plantacións forestais, que posúen un menor valor no tocante á biodiversidade.

Antonio Rigueiro, profesor emérito de Produción Vexetal da USC: "Os bosques naturais adoitan ter unha estrutura máis complexa, cun estrato arbóreo, arbustivo e herbáceo, e cunha biodiversidade superior á dos bosques cultivados, que son ecosistemas moito máis simples".

Coincidindo co Día dos Bosques, o colectivo ecoloxista Adega propón a inclusión dunha ducia de novos elementos na listaxe de árbores senlleiras galegas, entre os que figura un cerquiño en Friol ou varios teixos na serra do Courel.

Adega propón a inclusión dunha ducia de novos elementos na lista de árbores senlleiras Adega propón a inclusión dunha ducia de novos elementos na lista de árbores senlleiras
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade