Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa van máis de 260 mortos tras o terremoto que sacudiu Indonesia

Xa van máis de 260 mortos tras o terremoto que sacudiu Indonesia

As autoridades do país contabilizan máis de mil feridos e máis de 150 desaparecidos

G24.gal 22/11/2022 08:12 Última actualización 22/11/2022 11:43

As autoridades de Indonesia cifraron este martes en 268 os mortos e en máis de 1.000 os feridos polo terremoto de magnitude 5,6 que a véspera sacudiu a illa indonesia de Xava.

Segundo o último parte da Axencia Nacional para a Xestión de Desastres (BNPB) de Indonesia, verificáronse 268 mortes, 1.083 feridos e 151 persoas seguen desparecidas polo terremoto rexistrado o luns e a 10 quilómetros de profundidade preto da localidade de Cianjur.

A maioría das vítimas do sismo, ocorrido a 75 quilómetros de Iacarta, morreron esmagadas polo colapso dos edificios, detallaron as autoridades.

O gobernador da Xava Occidental informou ademais que moitas das vítimas son nenos que se atopaban a esas horas nunha escola coránica.

En canto aos danos causados en materia de infraestrutura, as autoridades reportaron este martes que 22.000 vivendas foron destruídas e máis de 58.000 persoas foron desprazadas.

O terremoto de magnitude 5,6 sacudiu a provincia de Xava Occidental, a máis poboada de Indonesia con case 50 millóns de habitantes, e, ata a mañá deste martes, rexistráronse 118 réplicas, con magnitudes entre 1,5 e 4,2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade