Centos de persoas desaloxadas na Pobra do Brollón e Folgoso do Courel polos incendios
Centos de persoas desaloxadas na Pobra do Brollón e Folgoso do Courel polos incendios
As lapas dos dous focos de Folgoso do Courel uníronse coas dos dous da Pobra do Brollón
Outro dos incendios que máis preocupan, está na provincia de Lugo. As lapas dos dous focos de Folgoso do Courel uníronse cos dous da Pobra do Brollón, ata formar un único incendio.
Na Pobra do Brollón as lapas obrigaron desaloxar un cento de veciños que se acubillan no pavillón e noutras casas particulares. Arderon 3 vivendas, que son segundas residencias.
Ademais de temer polas súas casas, hai quen tamén ten en risco o seu medio de vida, como José Luis. "Vén unha patrulla connosco para inspeccionar como está a cousa", explica. A Garda Civil autorizouno e acompañouno para poder muxir.
Desaloxos en Folgoso do Courel
En Folgoso do Courel, ademais dos dous focos da parroquia de Vilamor que se uniron aos da Pobra do Brollón, formando un único incendio, hai outro máis na parroquia de Seceda.
En total no concello de Folgoso, foron desaloxadas unhas 500 persoas de 24 núcleos. Uns cincuenta veciños foron para este pavillón de Triacastela.
O lume tamén alcanzan outros concellos
No resto da provincia de Lugo, hai activos dous incendios en Cervantes e en Palas de Rei.
Aos medios aéreos e terrestres mobilizados pola Xunta, uniuse a Unidade MIlitar de Emerxencias en Folgoso do Courel.