O BNG anuncia unha axuda de 15.000 euros anuais para emprender no rural

Os nacionalistas prometen medidas para loitar contra o despoboamento se chegan á Xunta

G24.gal 08/12/2023 14:30

A voceira nacional do BNG reafirmou o compromiso da súa formación co medio rural dende Folgoso do Courel, onde asistiu á Festa da Pisa da Castaña, na aldea de Froxán.

Ana Pontón di que o Goberno autonómico do PP leva 14 anos recortando servizos públicos no rural e acentuando o despoboamento.

E comprométese a reverter a situación se chegan á Xunta. Para iso anunciou medidas como unha axuda de 15.000 euros anuais, durante cinco anos, para os que emprendan no rural. 

E tamén se comprometen a mobilizar 100.000 hectáreas de terra abandonada na próxima década. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade