A pisa da castaña de Froxán congregou milleiros de visitantes
A pisa da castaña de Froxán congregou milleiros de visitantes
Recrean un oficio ancestral da serra do Courel
As castañas secas consómense ao longo de todo o ano
Con 96 anos de idade, Urbano Arza volve realizar unha tarefa coa que tivo que cumprir durante boa parte da súa vida no remate de cada outono. A pisa da castaña. E faino de boa gana, para que non se perda a tradición.
A edición deste ano foi a máis concorrida e milleiros de persoas acudiron ata Froxán para participar dun evento no que tamén se puxo en valor a cultura courelá vencellada aos castiñeiros.
Os abandoxadores, que limpan as castañas, e os pisadores son os que pasan os traballos máis fatigosos. Pero todos coinciden en que o esforzo paga a pena.
Agora as castañas afumadas, pisadas e secas xa están listas para consumir durante os vindeiros meses.