Cargando resultados...
Centos de persoas maniféstanse en Curtis contra os parques eólicos
Centos de persoas maniféstanse en Curtis contra os parques eólicos
Amosaron o seu rexeitamento aos proxectos de Caíño e Brancellao
G24.gal
02/04/2022 20:35
Centos de persoas manifestáronse este sábado en Curtis contra os proxectos eólicos en varios concellos das comarcas da Coruña, As Mariñas e a Montaña.
Os convocantes, dez plataformas veciñais, amosaron o seu rexeitamento aos parques de Caíño e Brancellao, que están en fase de estudo e que prevén instalar 60 aeroxeradores en sete municipios.
Denuncian o impacto que terán para a actividade agrícola e forestal, ademais da súa proximidade aos núcleos de poboación. O concello de Curtis amosou o seu rexeitamento a estas dúas instalacións eólicas.