Centos de turistas ateigan estes días a praia de Carnota atraídos polo mar de ardora
Centos de turistas ateigan estes días a praia de Carnota atraídos polo mar de ardora
O fenómeno natural da luminiscencia no mar que tingue a auga de azul brillante dáse entre xullo e setembro
Unha microalga que orixina a bioluminiscencia é a orixe do mar de Ardora
Galicia está fascinada estes días cun asombroso fenómeno que tingue a auga dun azul hipnótico: o Mar de Ardora. E Carnota ademais de Malpica ou Ponteceso na Costa da Morte é un dos lugares coas condición idóneas para poder velo ante a pouca contaminación lumínica.
E ata carnlta chegan estes días peregrinacións de turistas que enchen o areal un día si e outro tamén para gozar deste fenómeno natural.
Din os hostaleiros que non parar de recibir chamadas preguntando polo mellor lugar para desfrutar deste mar fosforescente.
As algas bioluminiscentes da costa están a deixar unha estampa inesquecible para aqueles que se achegan a ver o mar de noite. Cando a auga axítase ou se move, como polas ondas ou os movementos dos barcos, os organismos bioluminiscentes liberan luz, creando un espectáculo luminoso na auga.
É unha experiencia única para aqueles que teñen a sorte ou a oportunidade de velo en vivo.