Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de persoas voluntarias volveron esta ponte ás zonas máis afectadas pola DINA

Centos de persoas voluntarias volveron esta ponte ás zonas máis afectadas pola DINA

En Paiporta, os traballos centráronse na limpeza de rúas e garaxes

Tamén tentan acondicionar o auditorio local da vila

G24.gal 08/12/2024 20:17 Última actualización 08/12/2024 21:07

"Nós chegamos onte, paramos primeiro en Catarroja porque tiñamos mobles para doar. Temos contacto cunhas vinte familias ás que lles queremos axudar a reconstruír os fogares. Hoxe viñemos para Paiporta", di unha voluntaria.

Coma esta moza sevillana, centos de persoas voluntarias chegadas de distintas partes de España colaboraban este domingo na limpeza de rúas e no achicado de garaxes, en Paiporta.

"Vimos de Madrid a través da plataforma do voluntariado. Non está moi ben organizado, a outra vez que viñemos estaba mellor. Sentímonos desaproveitados. Temos moitas ganas de axudar", di unha moza.

Desde o venres, 120 persoas traballan para acondicionar o auditorio local.

"Non só se trata de recuperar obxectos materiais, senón de axudar ás persoas a reconstruír tamén a súa vida emocional", comenta Ángela Molina, presidenta da Asociación de Voluntarios GEA.

Corenta días despois da DINA, o apoio voluntariado é fundamental para moitos damnificados.

"Foi un alivio velos. Cando os vimos, foi ver un anxo", di unha veciña de Paiporta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade