Centro Galego de Innovación da FP: aprendizaxe adaptada ao perfil que necesitan as empresas
Centro Galego de Innovación da FP: aprendizaxe adaptada ao perfil que necesitan as empresas
O presidente da Xunta destaca a elevada inserción laboral da FP en Galicia
O presidente da Xunta visitou as instalacións do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros, en Ourense. Aquí os alumnos teñen o espazo axeitado para recibir unha aprendizaxe de calidade e adaptada ás novas necesidades empresariais.
Cun investimento de 10 millóns de euros, conta con equipamento para a aprender robótica, ciberseguridade, impresión 3D, biotecnoloxía, enerxías sustentables ou gastronomía multisensorial.
Alfonso Rueda destacou que a ensinanza da FP está experimentando unha revolución silenciosa no eido laboral. O 85 % dos que optan por estes estudos conseguen traballo.
"Na Formación Profesional Dual estamos no 100 % de inserción. É dicir, a xente cando está rematando os seus estudos nalgún centro de FP xa sabe, porque ademais foron buscalos, non só que vai ter traballo senón elixir entre varias posibilidades laborais", dixo o presidente da Xunta.
Este Centro de Innovación da FP, é o primeiro de Galicia e o terceiro de España. A comezos de ano estará a pleno rendemento.
Forma parte da Estratexia Galega de Formación Profesional , unha aposta para reforzar estes estudos que conta que cun orzamento de 900 millóns de euros.