César Souto presenta o poemario 'A Herdade'
César Souto presenta o poemario 'A Herdade'
A Herdade, da Editorial Galaxia, é o terceiro libro de poesía do xornalista, documentalista e poeta noiés
O autor enfronta a poesía dende a apertura dos sentidos ao tempo que amosa un gran dominio das posibilidades da linguaxe
Máis alá das dos elementos materiais que pasan de xeración en xeración, a herdanza pode ter un sentido amplo que se vencella co presente intanxible que nos ven dado. Así no lo conta no seu terceiro libro de poemas o noiés César Souto, que acaba de publicar 'A Herdade' na editorial Galaxia.
A través das palabras, e cunha escrita moi fiada, o autor debulla unha realidade que pode crear ou transformar habilmente no transcorrer dos versos.
A cuberta do libro é unha reprodución dun debuxo do sistema neuronal do médico italiano Camilo Golgi, investigador e gañador en 1906 do Premio Nobel de Medicina xunto con Santiago Ramón y Cajal.
Na actualidade, Souto está a traballar nun proxecto documental sobre a obra do poeta americano Wallace Stevens.