Cargando resultados...
A cigala é o marisco que máis sobe nas prazas pola demanda do Nadal
A cigala é o marisco que máis sobe nas prazas pola demanda do Nadal
A cigala é o marisco que máis subiu de prezo
A ameixa está máis barata ca o ano pasado
G24.gal
18/12/2021 16:33
A unha semana das festas, este sábado houbo moita actividade nos mercados galegos en relación cos preparativos da cea de Noiteboa.
Na praza de abastos de Santiago, o marisco que mantén un prezo máis estable é a ameixa. De feito, nos postos aseguran que está máis barata ca o ano pasado.
O produto que máis subiu, en cambio, é a cigala que hai uns días andaba polos 40 euros e agora xa supera os 65.
Tamén se agarda que encareza o percebe, nestes momentos sobre os 55 euros. Segundo prevén no mercado compostelán, vai dobrar o seu prezo nos próximos días.