Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chacón, primeira fichaxe do Dépor

Chacón, primeira fichaxe do Dépor

Natural de Pontedeume, o atacante procede do Arenteiro

A tempada pasada anotou 15 goles e deu 6 asistencias na Primeira RFEF

G24.gal 15/07/2024 13:17

Luís Chacón xa é novo xogador do Deportivo. O extremo esquerdo chega á Coruña para reforzar o ataque branquiazul. Trátase da primeira incorporación para o equipo de Imanol Idiakez no seu regreso ao fútbol profesional.

Chacón contribuíu con 15 goles á permanencia en Primeira RFEF do Arenteiro, club de onde procede. O Dépor xa tentara facerse cos seus servizos en inverno da pasada tempada pero o traspaso non saíu adiante. Agora, o de Pontedeume recala nas filas coruñesas, onde espera seguir medrando como futbolista:

"Quero seguir mellorando para axudar aos compañeiros e ao equipo a lograr os obxectivos".

De familia deportivista, confesa a ilusión que teñen desde o seu ámbito por velo xogar en Riazor:

"A meus tíos, que o seu sobriño poida xogar aquí, no equipo que vían xogar Champions, failles moita ilusión".

Pólvora para a ofensiva herculina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos