Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chamada para manter as reservas de sangue en nivel suficiente en verán

Chamada para manter as reservas de sangue en nivel suficiente en verán

Fai falla sangue dos grupos A+, A- e 0+

 

As unidades móbiles para a doazón de sangue percorren Galicia todas as semanas
G24.gal 01/07/2022 13:58

As reservas de sangue dos grupos A+, A- e 0+ están baixas e desde a Axencia de Doazóns de Galicia, ADOS, chaman a doar. É o que fai desde vai para trinta anos Dolores, segundo nos conta mentres agarda a súa quenda de entrada na unidade móbil instalada onda a casa do Concello de Ribeira.

Explica que cada vez que a chaman ela acode e se por algunha razón non pode doar, non o fai. Pero se pode, doa. E que o fai porque é necesario. "Eu pensaba que como o meu sangue, A positivo, teno tanta xente non faría falla. Pero, claro, precisamente por iso é da que máis saída ten. E agora pediron A positivo. Porque é necesario e agora pediron A positivo", di Dolores.

A súa actitude é especialmente valorada en verán, cando moitas persoas doadoras co cambio de rutina tamén deixan de lado este xesto de solidariedade e xenerosidade. Iso si, as necesidades de sangue nos hospitais galegos seguen a ser as mesmas no verán. De aí a invitación a sumar novas persoas doadoras. Por se o dubida, escoite as razóns desta veterana:

"Non doe nada, recupérase axiña. E que cando menos o pensas pode facerche falta a ti, porque se os bancos están baleiros e precisas unha operación podes quedar sen operar por falta de sangue. E se todos doamos e poñemos unha gota, o banco vaise enchendo. E son dez minutos para quitar o sangue, que non é nada".

Pode doar na unidade de hospital se está nunha das sete cidades ou nas unidades móbiles que se desprazan por Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade