Cargando resultados...
Chamada urxente aos doadores: os servizos sanitarios precisan sangue do grupo 0 negativo
Chamada urxente aos doadores: os servizos sanitarios precisan sangue do grupo 0 negativo
A próxima semana unidades móbiles percorrerán as catro provincias galegas
G24.gal
10/02/2023 16:49
Última actualización 10/02/2023 18:05
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue apela a toda a cidadanía galega a doar sangue nas próximas xornadas, en especial do grupo sanguíneo 0 negativo.
As reservas están nestes momentos nun nivel moi baixo.
O Servizo Galego de Saúde precisa case 500 doazóns de sangue cada día.
A próxima semana unidades móbiles percorrerán as catro provincias galegas.
O seu destino de cada día pode coñecerse en ados.sergas.gal.