Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chapela e Cabo tentarán mellorar nunha Concha case sentenciada

Chapela e Cabo tentarán mellorar nunha Concha case sentenciada

Bermeo, na categoría masculina, e Arraun, na feminina, conseguiron unha vantaxe moi importante na primeira xornada

G24.gal 01/09/2024 14:49

A Bandeira da Concha ten moi encamiñados os seus gañadores. A non ser que aconteza algo extraordinario as vantaxes acadadas por Arraun, na categoría feminina, e por Bermeo, na masculina, son case definitivas. Urdaibai meteulle 14 segundos a Ziérbena e 15 á Donostiarra. Arraun sacoulle dez segundos a Orio. 

Os favoritos estiveron ao seu mellor nivel e non deixaron nin as faragullas para os seus rivais. Nin os cambios de vento ou de corrente puideron evitar o seu dominio e, polo que se viu na primeira xornada da bandeira máis prestixiosa da temporada, a pelexa para a segunda será quen os acompañe no podio e en que orde. 

O papel das traiñeiras galegas

Das traiñeiras galegas destacamos o papel de Chapela en categoría feminina. Ocuparon a sexta posición e defenderán sete segundos de vantaxe con Hibaika e Kaiku. Tamén poderán remontar os cinco que lles sacou Astillero para mellorar un posto na clasificación. 

Cabo na categoría masculina, estivo a un nivel máis discreto que na clasificatoria. Foi a última, lonxe dos rexistros marcados por Kaiku coa que leva pelexando toda a temporada ao mesmo nivel. Semella que o único posto que pode recuperar é o que ten perdido con Getaria por nove segundos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade