Cargando resultados...
Chega pouco meixón ao mercado
Chega pouco meixón ao mercado
En época de Nadal o quilo supera os mil euros
G24.gal
13/12/2023 14:36
Nos mercados non atopamos nin un só posto en que se vendan meixóns, e iso que tradicionalmente este era un dos produtos máis demandados ás portas do Nadal. Comentan os praceiros que xa non é só cousa deste anos, que xa levan anos anteriores con escaseza.
As poucas encargas que poden recibir hai que pagalas, e o seu prezo xa supera os mil euros o quilo. Quizais por iso tamén cada vez son menos os restaurantes que as seguen mantendo nas súas cartas.
Tamén hai cociñeiros vascos que xa decidiron deixar de servilas para protexer a especie. Pero se, con todo, hai quen quere darse o capricho... mellor tomar nota dos que saben para non estragar o produto.