Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegan a Compostela os "instagrammers" no Camiño

Chegan a Compostela os "instagrammers" no Camiño

Cinco días de peregrinación desde Ourense a Santiago contados desde as redes sociais

Máis de 3,6 millóns de seguidores puideron coñecer o Camiño a través dos seus "influencers"

Os seis "instagrammers" galegos chegan a Santiago despois de percorrer a Vía da Prata
G24.gal 03/04/2022 14:51

A actriz Cristina Castaño, os cantantes Luis Cepeda e Roi Méndez, as influencers Natalia Maquieira e Tamara García Romero e o cómico Xurxo Carreño remataron hoxe a súa peregrinación a Santiago. Foron durante cinco días os Instagrammers do Camiño. A última etapa, de Vedra ata o Obradoiro cóntana desde as súas redes, onde suman máis de 3 millóns e medio de seguidores entre todos. 

Cen quilómetros, desde Ourense a Santiago en cinco días pola Vía da Prata. Hoxe remata este camiño de convivencia, con filloas para almorzar e a bo ritmo para chegar ao Obradoiro antes do xantar. Así o foron contando durante unha semana estes seis influencers galegos,  a través das súas stories

É o Camiño destes anos 20, en dixital, vivido e capturado por estes referentes da música, do cine, ou da propia rede, que llelo amosaron, en tempo real, a millóns de seguidores que queren saber todo deles. 

Para nostálxicos quedarán os diarios de viaxes en papel cheos de notas e debuxos. Hoxe son stories, reels e buscámolos por Hashtags, #GaliciaDestinoSeguro e #CamiñaGalicia, pero finalmente todos contan a experiencia do Camiño.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos