Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegan a Santiago os pasaxeiros bloqueados dende onte no aeroporto de Lanzarote

Chegan a Santiago os pasaxeiros bloqueados dende onte no aeroporto de Lanzarote

Do que máis se queixan é da falla de información e da desesperación polos continuos cambios sen explicacións

G24.gal 08/12/2022 21:25 Última actualización 08/12/2022 21:52

Esta tarde chegaron ao aeroporto de Santiago os pasaxeiros que levaban agardando en Lanzarote por este voo dende onte.

Chegaron a atrasalo varias veces e finalmente tiveron que durmir alí. Quéixanse da falla de información e da vulneración dos seus dereitos como consumidores. 

Pasadas as seis da tarde aterraba o voo de Lanzarote previsto inicialmente para este mércores. Primeiro dixéronlles que se atrasaba polo mal tempo pero eles din que foi unha primeira escusa.

Sobre a unha da madrugada puxéronlles un hotel e tiñan a esperanza de partir cedo ao día seguinte pero volveron chegar atrasos e cancelacións. Pensan que detrás está a folga de tripulantes de cabina de Vueling, aínda que ninguén lles informou de nada.

Do que máis se queixan é da falla de información e da desesperación polos continuos cambios sen explicacións.

No avión viaxaban tamén os xogadores de balonmán do Teucro, que regresan dun partido.

Nun primeiro momento non había nin follas de reclamacións e tiveron que apañarse con folios en branco. Despois dos trámites pertinentes, esperan recibir a correspondente indemnización tras esta odisea para volver á casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar