Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegou a Galicia o verán de san Martiño

Chegou a Galicia o verán de san Martiño

Os termómetros alcanzarán os 23 graos en Vigo e  os 20 en Santiago

G24.gal 11/11/2022 14:54

O sol está quentando sobre todo nas Rías Baixas, pero o verán de san Martiño chegou este ano puntual a toda Galicia, tamén ao interior.

Os termómetros alcanzarán os 23 graos en Vigo. 22 marcarán en Tui e na costa da Coruña, en Ortigueira. Dous máis que en Santiago, con 20.

Fiel á súa cita de novembro, o que pode, o recibe na praia. En Samil había xente tomando o sol e mesmo bañándose. Moita paseando para recuperar pilas, dicían. 

No interior, o agasallo do sol tamén se agradece paseando, tomando algo nunha terraza e ao quecer dun banco.

O sol animaba a facer plans para a fin de semana e sorprendía os turistas.

Unha xornada solleira que se repetirá mañá e que invita a aproveitala. Será un verán breve... o domingo descenden as mínimas e volve a chuvia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar