Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegou o sol, e con el un respiro para os negocios de praia

Chegou o sol, e con el un respiro para os negocios de praia

Os días pasados, o mal tempo en Sanxenxo minguara reservas no club de paddle surf e provocara cancelacións nos hoteis

 

G24.gal 18/07/2024 21:20 Última actualización 18/07/2024 21:36

Contan en Sanxenxo que despois de tanta chuvia, mesmo na Semana Santa, estaban esperando polo verán.

Nos días pasados, xa a mediados de xullo, o tempo pouco estival levou a que os hoteis sufrisen cancelacións e anulou reservas no club de paddle surf. 

Igualmente, as terrazas non tiñan tanta vida, e pouca clientela entraba nas tendas de artigos de praia.

Pero agora, mirando o ceo cun sorriso, celebran que a cousa comece xa a arrancar. E din con esperanza que parece que xa, por fin, chegou o verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar