Publicador de contidos
Publicador de contidos

O día solleiro atrae multitude de turistas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas

O día solleiro atrae multitude de turistas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas

As Cíes enchen a cota e Ons superou a metade das prazas asignadas

G24.gal 21/04/2024 13:51 Última actualización 21/04/2024 14:35

A previsión de bo tempo para esta fin de semana en Galicia en contraste con outras zonas de España trouxo ata o noso país moitos visitantes.

Algúns quixeron visitar as Illas Atlánticas e, de feito, a cota de Cíes encheuse este domingo e a de Ons superou a metade. 

Nos peiraos de Vigo concentráronse turistas de Valencia, Cataluña, Brasil, Perú, Escocia, República Checa ou Londres.

A experiencia de visitar en primavera este espazo natural permite gozar das illas sen multitude e coñecer mellor, grazas ás visitas guiadas, todos os segredos que agocha.

Neste tempo son as propias navieiras as que xestionan os rexistros para acceder ao Parque Nacional na web da Xunta.

Con algunhas similitudes en areais e auga cristalina, Ons ofrece a posibilidade de visitar o que fóra unha pequena aldea habitada no pasado século, un lugar en que había mesmo escola e igrexa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade