Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cheo nos catamaráns da Ribeira Sacra antes da temporada alta

Cheo nos catamaráns da Ribeira Sacra antes da temporada alta

A ocupación media está a ser do 90 % todos os días da semana

Os responsables aconsellan reservar con suficiente antelación

G24.gal 10/06/2023 19:00 Última actualización 10/06/2023 21:35

Dende Andalucía, Portugal ou Inglaterra. A procedencia dos viaxeiros do catamarán de Santo Estevo era este sábado do máis variada e por iso as prazas estaban esgotadas dende hai días.

Esta situación repítese cada vez máis dende o mes de marzo, o que obriga a ampliar a frecuencia das viaxes.

A ocupación media dende que comezou a primavera é do 90 %, o que fai augurar que durante todo o verán será do 100 %.

Despois de anos sinalando que a Ribeira Sacra está de moda, xa se pode afirmar que se converteu nun destino de referencia. 

Os xestores das viaxes sinalan que cada vez é máis habitual que se fagan reservas cun ano de antelación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade