Cheo total en Ferrol e Viveiro para os días grandes da Semana Santa
Cheo total en Ferrol e Viveiro para os días grandes da Semana Santa
Os hostaleiros agardan chegar ás cifras de visitantes previas á pandemia
Despois de dous anos de restricións, non quedan prazas hoteleiras nos principais focos de atracción turística de Galicia na Semana Santa. Os primeiros turistas xa foron chegando para as procesións que se suceden en Ferrol e Viveiro desde o Domingo de Ramos.
As procesións, declaradas de Interese Turístico Internacional, son o principal reclamo para os visitantes, pero non os únicos. Visitas guiadas a museos e rutas pola arquitectura da cidade ás que se suma no caso de Ferrol o ser punto de partida do Camiño Inglés a Compostela.
Todo apunta a que este ano o tempo vai acompañar. Os hostaleiros botan contas e parece que se pode chegar ás cifras de visitantes previas á pandemia. En Ferrol, as previsións apuntan a que se poden rozar os 300.000 visitantes e un retorno económico próximo aos 30 millóns de euros.