Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cheo total na Praia das Catedrais pola chegada da calor

Cheo total na Praia das Catedrais pola chegada da calor

Cubriuse a cota de 4.812 visitas diarias autorizadas

Os aparcadoiros da zona levan días ateigados 

G24.gal 17/07/2024 20:42 Última actualización 17/07/2024 20:56

Os aparcadoiros cheos xa dan idea da cantidade de xente que se xunta diariamente na contorna e na praia das Catedrais. Mesmo hai quen se establece preto coas autocaravanas. A estampa é habitual durante todo o verán, pero hoxe fíxose aínda máis grazas a que o día acompañou.

"Viñemos pola mañá e xa había moita xente, aínda que estaba a marea alta".

"Viñemos pola miña filla, que o viu en Tiktok".

"Gustoume moito porque é moi diferente de Murcia, de onde vimos".

A cota é de 4.812 persoas que poden baixar cada día ao areal durante as horas en que a marea está baixa. Así, o tráfico de visitantes é continuo nos momentos en que a praia abrangue máis espazo. Entre os que acoden ata Ribadeo hai cada vez máis persoas do resto do Estado e tamén estranxeiras. 

"Eu levo toda a vida vindo, e cada vez gústame máis".

"Está ben que controlen para que non se deteriore".

Xa dende Semana Santa hai unha afluencia continua de persoas que queren gozar da praia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar