Publicador de contidos
Publicador de contidos

A China desprega manobras militares arredor de Taiwán para "castigar" actos separatistas

A China desprega manobras militares arredor de Taiwán para "castigar" actos separatistas

Taiwán mobiliza o seu exército e condena as manobras "provocadoras"

Avión do Exército chinés durante as manobras Avión do Exército chinés durante as manobras
G24.gal 23/05/2024 09:58 Última actualización 23/05/2024 10:13

O Exército chinés comezou manobras militares arredor da illa de Taiwán como “forte castigo para os actos separatistas relativos á independencia” da illa e advertencia “contra a interferencia e a provocación” por parte de forzas externas.

O Comando do Teatro Oriental de Operacións do Exército Popular de Liberación (EPL) informou de que os exercicios comezaron ás 7:45 da mañá e involucran a todas as forzas do EPL, incluíndo a Armada e as forzas aérea e de mísiles.

A actividade militar ten lugar tres días despois da toma de posesión do novo presidente de Taiwán, Willian Lai (Lai Ching-che), tachado por Beijing de “secesionista” e “alborotador”

O portavoz do Comando do Teatro Oriental, Li Xi, indicou que as manobras -bautizadas como Joint Sword – 2021A (“espada unida” en inglés) estenderanse ata este venres.

Os exercicios céntranse en preparación conxunta aérea e marítima para o combate, toma do control de campo de batalla e ataques de precisión en obxectivos clave, segundo Li, quen agregou que a actividade militar abarca a patrullaxe de buques e avións “achegándose” a áreas ao redor da illa de Taiwan.

Tamén incluirán operacións integradas "dentro e fóra" do arquipélago para poñer a proba as capacidades reais de combate das forzas que integran o Comando.

Estas manobras serven tamén “como un forte castigo polos actos separatistas das forzas que defenden a ‘independencia de Taiwan’ e como seria advertencia contra a interferencia e a provocación de forzas externas”, agregou o voceiro.

Taiwán mobiliza o seu exército e condena as manobras "provocadoras"

A resposta de Taiwán a este movemento da China foi inmediata e supuxo a mobilización das súas forzas marítimas, aéreas e terrestres, informaron fontes oficiais.

“O exercicio militar desta ocasión non só non axuda á paz e a estabilidade no Estreito de Taiwán, senón que tamén pon de relevo a mentalidade militarista do Partido Comunista Chinés (PCCh), que é a esencia do expansionismo militar e a hexemonía”, sinalou o Ministerio de Defensa Nacional (MDN) de Taiwán nun comunicado.

Taipei tomará "accións prácticas" para "protexer a liberdade, a democracia e a soberanía" da República da China (nome oficial de Taiwán), de acordo á mesma fonte.

O Goberno e os dous principais partidos da oposición de Taiwán expresaron este xoves a súa condena ás manobras “provocadoras” do Exército chinés arredor da illa.

Nun comunicado, o Ministerio de Asuntos Exteriores de Taiwán pediu ás autoridades chinesas "que exerzan autocontrol e deteñan calquera acción que socave a paz e a estabilidade no Estreito de Taiwán".

“A República da China (nome oficial de Taiwán) está comprometida a manter o statu quo a través do Estreito de Taiwán. Tamén pide á China que regrese ao autocontrol racional e deixe de socavar unilateralmente a paz e a estabilidade no estreito”, sinalou a Chancelería insular.

Nesta liña, o Ministerio de Exteriores reiterou que Taiwán “continuará defendendo a súa crenza na democracia” e non cambiará “debido á coerción” da China, que considera á illa, gobernada de forma autónoma desde 1949, como unha “provincia rebelde”.

“Como todos sabemos, manter a paz e a estabilidade no estreito converteuse nun consenso da comunidade internacional (...). O noso país é o baluarte que protexe os sistemas democráticos e libres do mundo”, indicou o texto oficial.

A China reclama a soberanía de Taiwán, un territorio que considera unha "provincia rebelde" desde que en 1949 os nacionalistas do Kuomintang se repregaron alí tras perder a guerra contra o exército comunista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade