Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ciclistas e camiñantes comparten a nova senda ZEC de Cecebre

Ciclistas e camiñantes comparten a nova senda ZEC de Cecebre

Son máis de 26 quilómetros que discorren por Bergondo, Carral, Betanzos e Abegono

O proxecto contou cun investimento de máis de dous millóns de euros

G24.gal 12/02/2023 13:59 Última actualización 12/02/2023 14:15

A Deputación da Coruña inaugurou a nova senda ZEC, con 26,5 quilómetros de rutas para camiñar ou andar en bicicleta que discorren polos municipios de Abegondo, Betanzos, Bergondo e Carral, en pleno corazón da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Máis de 700 persoas madrugaron para participar na ruta inaugural, que saíu do pavillón de Guísamo, en Bergondo, e rematou no Campo da Feira de Carral. Camiñantes e ciclistas compartirán os camiños da ruta, que discorre en gran parte pola ribeira do encoro de Cecebre.

O proxecto supuxo un investimento de 2.150.688 euros, cofinanciado con fondos propios da Deputación e fondos europeos FEDER a través do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía do Goberno de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade