O ciclón Daniel deixa máis de 6.800 mortos e 10.000 desaparecidos en Libia
O ciclón Daniel deixa máis de 6.800 mortos e 10.000 desaparecidos en Libia
A UE destina 500.000 euros en axuda humanitaria
En Libia, o ciclón Daniel deixa máis de 6.800 mortos e 10.000 desaparecidos, segundo as últimas cifras provisionais.
A cidade máis afectada é Derna, a cuarta máis grande do país. Os equipos de rescate traballan con moitas dificultades, xa que a cidade se dividiu en dúas partes polo colapso de dúas presas que inundaron zonas residenciais, pontes e estradas. De feito, as autoridades falan de cifras aínda moi provisionais e piden axuda internacional.
As necesidades humanitarias son enormes nas comunidades máis empobrecidas da costa norte de Libia e a falta de recursos obrigou os rescatadores a recuperaren centos de vítimas dos cascallos con utensilios domésticos e enterralas en fosas comúns.
Mentres, a axuda internacional comeza a mobilizarse. Varios países, entre eles España, ofreceron xa cooperación e a Unión Europea di que está preparada para actuar.
A situación xa era moi complicada en Libia coa división política e dous gobernos enfrontados. Anos de conflito, pobreza e desprazamentos agravados agora por esta tormenta devastadora.