Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cinco detidos nunha operación antidroga no barrio coruñés de Labañou

Cinco detidos nunha operación antidroga no barrio coruñés de Labañou

Os axentes desartellaron un punto de venda da droga ao por menor 

Rexistraron cinco vivendas na rúa do Hostal e a súa contorna

G24.gal 31/01/2024 14:14

Eran as cinco e media da madrugada cando os axentes da Policía Nacional comezaban co rexistro de cinco vivendas do barrio de Labañou. Catro horas despois, a operación pechábase con cinco detidos e o desartellamento dun punto de venda de droga polo miúdo. Segundo transcendeu, na operación interviñéronse diversas doses de estupefacientes preparadas para a venda e consumo, e tamén cartos en efectivo.

A diferenza doutros barrios da cidade, en que se teñen denunciado conflitos derivados da droga, os veciños de Labañou aseguran que o ambiente é tranquilo.

"Imaxino que hai pequenos puntos de venda, como noutros barrios, pero creo que a xente leva moitos anos convivindo cos vendedores. Son vendas a pequena escala, non xeran problema na rúa, que eu saiba".

"Nada, eu vivo na torre, somos 32 pisos de veciños e nunca notamos balbordo nin nada", din dúas veciñas da zona.

Arestora os cinco detidos na operación prestan declaración ante os axentes da Policía Xudicial da Coruña. Está previsto que pasen a disposición xudicial ao longo do día de mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade