Cargando resultados...
Afectados polos asolagamentos de Neda, cinco meses despois, agardan un informe do Concello
Os afectados presentan contra o concello máis de 70 requirimentos para coñecer que se leva feito ata o momento na busca de solucións técnicas para poñer fin ás riadas
G24.gal
09/04/2024 14:15
En Neda hai xa case cinco meses das inundacións que estragaron varias vivendas, pero os afectados seguen agardando polo informe encargado polo Concello para evitar novos asolagamentos. E lanzan unha advertencia: se non o teñen antes dun mes, acudirán aos xulgados.
O Concello insiste en que o resultado do informe que se encargou se está a demorar pola complexidade dos traballos para avaliar alternativas que sirvan para acabar co risco de inundacións.