Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cincocentos peregrinos visibilizan a inclusividade do Camiño de Santiago

Cincocentos peregrinos visibilizan a inclusividade do Camiño de Santiago

Os camiñantes chegaron a Santiago para darlle visibilidade á diversidade intelectual

G24.gal 03/07/2022 14:47

Foron seis días de peregrinación polas diferentes variantes do Camiño de Santiago. Este domingo chegaban á alameda compostelá. Son case cincocentos participantes, trescentos deles galegos e o resto procedentes de diferentes puntos da xeografía española.

Nas proximidades da catedral esperaban os familiares que participaron así desta iniciativa que organiza Special Olympics Galicia no seu esforzo por darlles visibilidade aos retos diarios de persoas con discapacidade intelectual.

"Os nosos fillos sempre se deixan catalogar polas limitacións que teñen, pero teñen moitas capacidades. Moitas máis das que nós pensamos, e iso é o que queremos que a sociedade os recoñeza, por esas capacidades. Limitacións  témolas todos", comenta o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández.

Unhas vinte oito organizacións colaboraron na celebración desta iniciativa en que os verdadeiros protagonistas son os camiñantes e a súas familias.

Dende a organizacion, que leva celebrando estas peregrinacións dende hai case trinta anos, salientan que as diferenzas nunca están nas persoas, senón no aproveitamento das capacidades propias para acadar as metas propostas.

No día de hoxe o reto, chegar a Santiago, quedou máis que conseguido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar