CIRCOM apoia o xornalismo seguro e a liberdade de prensa en Ucraína
CIRCOM apoia o xornalismo seguro e a liberdade de prensa en Ucraína
A asociación de medios rexionais de servizo público en Europa, CIRCOM Rexional, como consecuencia dos feitos críticos entre Rusia e Ucraína, destaca que é crucial garantir as condicións óptimas para que os medios brinden información precisa, fiable e oportuna.
Os xornalistas no terreo deben poder facer o seu traballo libremente sen estar suxeitos a riscos, perigos ou presións. A liberdade de prensa é incondicional. Os medios rexionais de servizo público operan no mellor interese das sociedades e das persoas.
A información fáctica e imparcial e a análise integral en profundidade son o núcleo do xornalismo libre e de calidade. CIRCOM Rexional está en contacto co seu membro asociado en Ucraína para apoiar o xornalismo, que é aínda máis importante e máis necesario en tempos críticos.