Publicador de contidos
Publicador de contidos

Clausuran o edificio de Vigo que sufriu un incendio en que morreron catro persoas

Clausuran o edificio de Vigo que sufriu un incendio en que morreron catro persoas

Este xoves os veciños que residían nas vivendas ocupadas puideron acceder para recoller as súas pertenzas

Operarios traballando na clausura do inmoble (EFE/Carlos Alberto Fernández)
G24.gal 13/10/2023 16:20 Última actualización 13/10/2023 20:30

O edificio que Vigo en que se rexistrou o pasado mércores de madrugada un incendio que acabou coa vida de catro persoas da mesma familia -unha nai e tres dos seus fillos- e resultaron feridas outras nove persoas -entre elas o pai e outra filla- foi clausurado este venres.

Desde que se produciu o incendio, o edificio, que ten cinco andares e dez vivendas, estivo custodiado pola Policía Local, que o xoves deu acceso ao inmoble aos veciños que o ocuparan para que recollesen as súas pertenzas.

Este venres, procedeuse a clausuralo e, para iso, os obreiros levantaron unha parede e colocaron unha porta nova.

A Policía Científica non finalizou o seu informe e a Nacional continúa coas indagacións para esclarecer o sucedido.

Fontes policiais aseguraron que "todas as hipóteses están abertas", tanto a dun incendio accidental como intencionado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade