Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rematan as axudas e volven á rúa varias familias afectadas polo incendio de Vigo

Rematan as axudas e volven á rúa varias familias afectadas polo incendio de Vigo

Varias familias afectadas polo incendio de outubro, en que morreran unha nai e tres dos seus fillos en Vigo, quedan na rúa sete meses despois do tráxico suceso

O plan de emerxencia posto en marcha polo Concello chegou a súa fin e unhas catro familias teñen que buscar vivenda

G24.gal 07/05/2024 14:25 Última actualización 07/05/2024 14:53

Dúas familias, das oito que se acolleron ao plan de emerxencia posto en marcha polo Concello, abandonaban este martes o hostal que foi a súa casa durante sete meses. Rematou a axuda da Administración local e estas familias non poden facer fronte ao pago.

"Van desaloxalos e dáme moita pena porque hai nenos menores. Rómpeme o corazón porque non poden estar na rúa", di Noemí Camacho, familiar dos afectados.

Para moitas destas familias a situación é desesperada. Atópanse na rúa e sen posibilidade de acadar unha vivenda adecuada á súa situación económica.

"Como estou cobrando a axuda do RISGA e non me chega para nada, nin para comer nin para alimentarme e eu estou moi enfermo e non teño casa onde vivir".

O Concello fíxose cargo dos gastos durante estes sete meses. Segundo o consistorio, das oito familias realoxadas, catro accederon a unha solución municipal, pero outras rexeitaron a proposta. Os afectados negan calquera tipo de acordo e agora ese plan de emerxencia chegou á súa fin e unhas dez persoas, con menores ao seu cargo, seguen sen ter onde ir.

"Tanto a Xunta de Galicia coma o Concello de Vigo son incapaces de negociar e facer unha revisión de como funcionan os servizos de benestar social, o pouco persoal, os baixos recursos e as prestacións que lle dan a estas persoas non cobren as necesidades básicas", asegura Antón Bouzas, portavoz do colectivo Os Ninguéns.

Dende este colectivo aseguran que situacións coma esta seguirán sucedéndose ante a falta de vivendas públicas e sociais que garantan a estabilidade ás persoas en risco de exclusión social.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade