Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coa declaración de dous forenses e un policía retomouse o xuízo contra Daniel Sancho

Coa declaración de dous forenses e un policía retomouse o xuízo contra Daniel Sancho

Cando finalice a quenda das testemuñas por parte da acusación comezarán os que presenta a defensa, e o primeiro podería ser o propio Sancho

G24.gal 23/04/2024 13:06

O xuízo que se celebra en Tailandia contra Daniel Sancho retomouse este martes co testemuño do policía que interrogou o mozo español despois da súa detención como presunto autor do asasinato do médico colombiano Edwin Arrieta.

Durante a vista tamén declararon os dous forenses que examinaron parte dos restos da vítima antes de envialos ao laboratorio.

Entre eses restos que apareceron esparexidos pola veciña illa de Phangan, escenario do crime, estaba a cabeza, que presentaba fracturas na parte posterior, que os expertos non puideron determinar que fose a causa da morte.

Despois foi a quenda do policía que interrogou a Sancho durante as primeiras horas da súa detención.

O seu testemuño é considerado moi importante pola fiscalía, á que só lle queda por chamar ao estrado o representante da familia Arrieta en España que exerce a coacusación particular.

“O que intenta a familia Arrieta coa nosa declaración é ilustrar o tribunal sobre a perda dun ser querido, como quedaron os pais, como quedou a irmá. E por outro lado ratificarnos nos informes económicos que se achegaron á causa en relación a como quedaron nunha situación de desamparo os pais e a irmá coa perda de Edwin”.

O primeiro en declarar por parte da defensa podería ser o propio Daniel Sancho. A continuación faríao o pai do acusado e despois o resto da vintena de testemuñas propostas pola defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade