Cargando resultados...
Colapsa unha ponte sobre o río Elba en Alemaña
Colapsa unha ponte sobre o río Elba en Alemaña
A ponte fora obxecto de varias obras de reparación no último lustro
G24.gal
11/09/2024 15:56
Na cidade de Dresden, no sueste de Alemaña, colapsou parcialmente unha das pontes tendidas sobre o río Elba.
Non houbo danos persoais, pero a derruba provoca dificultades no tráfico urbano e fluvial.
Amais de coches, bicicletas e peóns, pola ponte caída discorría unha liña de tranvía.
Construída nos anos setenta do século pasado, a ponte fora obxecto de varias obras de reparación no último lustro.