Publicador de contidos
Publicador de contidos

Colapso na saída de Tui con retencións quilométricas por obras na A-55

Colapso na saída de Tui con retencións quilométricas por obras na A-55

Os traballos na vía de alta capacidade Tui-A Guarda obrigaron a cortar a circulación, o que causou colas na autovía

Atascos na A-55 polas obras en Tui
G24.gal 26/11/2022 19:32 Última actualización 27/11/2022 08:54

As obras de enlace entre a A-55 e a futura VAC cara á Guarda causaron un caos este sábado na autovía no seu paso por Tui.

Centos de turismos colapsaron a saída 29 polos traballos de demolición dun dos pasos superiores da autovía. E isto sucede malia os avisos realizados durante a semana.

Algúns dos condutores afectados aseguran que precisaron ata dúas horas  para realizar os dous quilómetros de retención.

Ademais, os vehículos atoparon, cando circulaban pola zona urbana de Tui para ir cara a Portugal, obras nalgunhas rúas que limitaban tamén a circulación.

Tamén se rexistraron durante a tarde momentos de tráfico intenso de turismos na A-3 portuguesa desde Valença do Minho cara a Vigo, o que orixinou esperas de máis dunha hora.

Os traballos son da execución da VAC Tui-A Guarda, entre os enlaces da A-55 e Areas, que se prevé poñer en servizo a mediados de 2023. O investimento da Consellería de Infraestruturas é de 21 millóns de euros.

Para dar servizo a ambos os sentidos de circulación estableceuse un itinerario alternativo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade