Publicador de contidos
Publicador de contidos

Colócanse as primeiras trampas para mosquitos tigre en Moaña

Colócanse as primeiras trampas para mosquitos tigre en Moaña

O groso do traballo faráse o luns, pero xa está colocada a de Tirán

G24.gal 12/08/2023 14:49 Última actualización 12/08/2023 15:21

O Concello de Moaña colocará a partir do luns as once trampas contra o mosquito tigre nos puntos sensibles detectados. Xa se colocou a de Tirán e vanse poñer tamén no Latón, no Rosal, na Guía e en Quintela.

Farase en colaboración coa Universidade de Vigo que tamén está analizando os exemplares detectados dos que xa se confirmou que non transmiten doenzas graves: o gran perigo destes insectos.

O concello de Moaña está a desenvolver unha campaña de información para difundir a necesidade de eliminar augas estancadas, levar manga larga e cubertas as pernas, zona esta última favorita destes insectos que ademais adoitan picar máis de día que de noite. Tamén animan a usar repelentes.

Nas boticas de Moaña multiplicouse a venda de repelentes, calmantes de picaduras e en xeral sistemas para afastar insectos desde o pasado mes de maio tamén dispensan corticoides  sen receita e animan a ir ao médico cando é preciso.

Desde a Administración galega tamén inciden na prevención e lembran que os insectos atopados non están infectados coas doenzas graves como o dengue, a febre amarela ou o zika.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos