Combarro reivindica un Cristovo Colón galego e de Poio
Combarro reivindica un Cristovo Colón galego e de Poio
A vila celebra a festa na honra do navegante, cartógrafo e historiador con obradoiros, bailes e xustas medievais
Combarro vestiuse de época para celebrar a décima edición da Festa de Colón cunha intención moi clara.
"A intención desta festa foi reivindicar a teoría do Colón galego, de Pontevedra, de Portosanto. No noso concello defendemos esa teoría e destacamos que toda a toponimia da ría coincide", explica o alcalde de Poio, Ángel Moldes.
A zona histórica encheuse de actividades: bailes, xustas medievais e obradoiros.
"Somos a asociación Ulf Klan, de recreación histórica e estamos a celebrar este día de troula facendo forxa, combatindo e compartindo os nosos coñecementos de armas medievais e combate".
Nenos e maiores gozaron cunha celebración á que non faltou ninguén, empezando polo almirante homenaxeado e a raíña Isabel a católica.
"Convidamos a todo o mundo a vir ás próximas edicións da festa de Colón para pasalo moi ben".
"Viva Colón. Isabel a Católica está en todas partes".
A festa continúa pola noite con espectáculos musicais e xogos malabares.