Cargando resultados...
Comeza a campaña de inmunización contra a covid e a gripe nas residencias
Comeza a campaña de inmunización contra a covid e a gripe nas residencias
As dúas vacinas administraranse tamén nos centros de atención á discapacidade a partir deste luns
Sanidade inicia este luns a vacinación infantil contra o virus da bronquiolite
G24.gal
24/09/2023 18:17
A campaña de vacinación contra a covid e a gripe comeza este luns en Galicia nas residencias de maiores e nos centros de atención á discapacidade. Nesta primeira fase preto de 30.000 residentes recibirán as dúas vacinas ao mesmo tempo.
A mediados de outubro estenderase ás persoas maiores de 60 anos e outros colectivos de risco. Serán convocados de maior a menor idade en centros de saúde, hospitais e grandes recintos.
A campaña vaise estender ata finais de ano. O obxectivo do Sergas é inmunizar o 75 % da poboación diana.