Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a campaña de recollida da faba fresca en Lourenzá

Comeza a campaña de recollida da faba fresca en Lourenzá

A maior parte da produción vai para Asturias

Este ano subiron un 20 % o prezo que lles pagan aos produtores

G24.gal 22/08/2022 20:50

Son as primeiras fabas frescas que recollen en Lourenzá. Se o grao de madurez é o óptimo xa valen para apañalas e envasalas. Todo depende do sol e da humidade.

As fabas secas son as que mellor identifican a produción deste val, xunto coas verdinas, unha variedade máis pequena e que xa están a secar antes de envasalas. As frescas, as que están a recoller estes días, van principalmente para Asturias. 

Este ano confían ter unha boa colleita.

Despois de negociar, conseguiron que lles aumentaran un 20 % o prezo que lles pagan por cultivar estas fabas, para cubrir a subida dos custes de produción. Unha proba de que se trata dun produto moi apreciado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade