Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Axencia Tributaria prevé devolver 673 millóns de euros a 919.000 galegos coa renda

A Axencia Tributaria prevé devolver 673 millóns de euros a 919.000 galegos coa renda

O prazo para presentar a declaración finaliza o 1 de xullo

G24.gal 03/04/2024 14:50 Última actualización 03/04/2024 15:06

A Axencia Tributaria prevé devolver 673 millóns de euros a 918.690 galegos na campaña da renda 2023 que empezou este mércores.

Segundo os datos facilitados pola Axencia Tributaria, está prevista a presentación de 1.448.668 declaracións en Galicia durante este período, que se estende ata finais de xuño.

Entre elas, as devolucións serán para 918.690 casos cun total de 673 millóns de euros mentres que os contribuíntes para pagar abonarán uns 898 millóns.

A Axencia Tributaria di que en 48 horas comezarán a aboarse as primeiras devolucións.

Segundo a Directora xeral da Axencia Tributaria esperan un crecemento das declaracións positivas do 10,2 % no conxunto de España, situándose arredor dos sete millóns, así como as devolucións sufrirán unha rebaixa do 3 %, chegando ás 14.613.000 declaracións.

Este ano hai novidades, tanto na presentación, que só vai poder facerse a través de Internet, como nas novas deducións, as primeiras as de maternidade que poden solicitar as nais que tiveron fillos en situación de desemprego ou ben que durante o 2023 cotizaran 30 días.

Tamén cómpre ter en conta a obriga de declarar. Elévase a 15.000 euros o mínimo exento, excepto para os autónomos, que terán que facelo con independencia dos seus ingresos. 

E especial atención terán que prestar tamén os que fixeron achegas a mutualidades porque a Axencia Tributaria ten un sistema de axuda para solicitar a devolución do pagado de máis nos anos non prescritos, que son os catro anteriores a este.

E aproveitando que bota a andar esta nova campaña en Santiago distintos colectivos sociais quixeron facer un chamamento porque din que marcando o cadro do x solidario nin pagamos menos nin recibimos menos en caso de devolución, simplemente estamos apoiando as entidades que traballan polo benestar das persoas.

A campaña da renda remata o vindeiro 1 de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos