Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a construción dunha nova promoción de 12 vivendas públicas en Santiago

Comeza a construción dunha nova promoción de 12 vivendas públicas en Santiago

A conselleira de Vivenda di que Galicia avanza no reto de duplicar o actual parque público de vivendas

G24.gal 08/08/2024 14:46

Galicia avanza no reto marcado polo Goberno autonómico para duplicar o parque público de vivendas. Faino co inicio da construción de 12 novas vivendas en Santiago, na zona de Lamas de Abade, que se veñen sumar a outras dúas promocións en marcha na capital de Galicia.

Un total de 60 vivendas para ampliar o parque público en 2025 que se completa tamén noutras cidades galegas coma Ourense e Vigo.

"Avanzamos no obxectivo de que a nosa cidadanía poida acceder a vivendas de calidade, eficientes enerxicamente. Vivendas dignas pero tamén vivendas alcanzables", sinala a conselleira de Vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade