Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro vivendas afectadas por un incendio nunha aldea de Parada do Sil

Catro vivendas afectadas por un incendio nunha aldea de Parada do Sil

A casa onde comezaron as lapas ardeu por completo e o lume estendeuse a outros tres inmobles

G24.gal 14/09/2024 20:01 Última actualización 14/09/2024 21:16

Foi contra o mediodía cando os veciños da aldea de Requián se decataron de que saía fume dunha vivenda. O seu propietario marchara a primeira hora da mañá á vendima.

Ata o lugar trasladáronse os bombeiros de Maceda que contaron co apoio do GES de Castro Caldelas, do servizo de extinción de incendios forestais da Xunta e de efectivos de Protección Civil.

A pesar da súa actuación, as lapas calcinaron por completo a casa e estendéronse a outras tres lindeiras, dúas delas segundas residencias aínda que unha estaba ocupada.

O concello ofreceuse a realoxar os veciños que non poderán, polo momento, volver ás súas vivendas pero, en principio, optaron por quedar con familiares. A Garda Civil investiga o acontecido. Polo momento, descoñécense as causas do lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade