Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG propón un plan de compra de vivenda baleira e de vivendas protexidas permanentes

O BNG propón un plan de compra de vivenda baleira e de vivendas protexidas permanentes

G24.gal 16/09/2024 14:35

O BNG lanza unha serie de propostas para facilitar o acceso á vivenda. Ana Pontón reuniuse co director do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, co que compartiu algunha das medidas.

A líder do BNG propón un plan de compra de vivenda baleira, e pide que as vivendas protexidas manteñan esta condición de maneira permanente para evitar a especulación.

"Que toda vivenda protexida o sexa de maneira perpetua, de maneira que non se poida especular con ela. É unha medida que leva anos funcionando en Euskadi, permite que toda vivenda que foi subvencionada dunha maneira ou outra con fondos públicos sexa sempre protexida e non acabe no mercado libre sendo froito da especulación", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade