Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a reconstrución da ponte de Santa Marta de Ponte Arnelas

Comeza a reconstrución da ponte de Santa Marta de Ponte Arnelas

A estrutura, que une Vilanova e Ribadumia, previsiblemente estará lista a final de ano

A rotura dos tirantes da marxe dereita da calzada provocara o seu afundimento 

G24.gal 22/05/2023 16:33

A Xunta prevé que a reconstrución da ponte de Santa Marta en Ponte Arnelas, que une Vilanova e Ribadumia, estea lista a final de ano. A rotura dos tirantes da marxe dereita da calzada provocou o afundimento de parte da estrutura. Desde entón, o viaduto permanece pechado ao tráfico.

As alternativas son incómodas para os condutores, especialmente os que teñen que desviarse pola ponte milenaria dos Padriños. 

O Goberno galego quere axilizar o máximo posible os traballos na ponte, que dá servizo a 3.000 vehículos diarios. Durante estes días, retiran a barreira de formigón para proceder a desmontar o van central da ponte. 

Os traballos rematarán a finais de ano cun novo deseño da ponte e a súa apertura ao tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade