Cargando resultados...
A colleita da oliva galega comeza con boas expectativas
A colleita da oliva galega comeza con boas expectativas
Algúns produtores calculan que a colleita deste ano pode medrar máis dun 10 por cento
G24.gal
27/10/2023 14:30
Comeza con boas expectativas a colleita da oliva galega. O froito vira xa de cor e é o momento de varear para recollelo.
Van ser dúas intensas semanas de traballo e as previsións de firmas como Aceites Abril, que conta coa colleita propia de cen pequenos produtores galegos, apuntan a un crecemento superior ao 10 por cento.
Iso tradúcese nuns 35.000 quilos e máis de 7.000 botellas de aceite. Un produto diferenciado, din, que non nota tanto a alza de prezos doutras zonas.