Publicador de contidos
Publicador de contidos

O aceite de oliva virxe extra aguanta malia a alza dos prezos

O aceite de oliva virxe extra aguanta malia a alza dos prezos

O  consumo de virxe extra baixou un 14 % fronte ao 51 % da baixada do aceite de oliva

Os expertos prevén que a escalada dos prezos continúe na seguinte colleita, pero din que non será tan brusca

G24.gal 05/09/2023 13:53

As vendas do aceite de oliva caen un 51 por cento nos primeiros seis meses do ano. Os consumidores mudan os hábitos para amortecer o seu prezo desorbitado. 

A seca e as malas colleitas dispararon os prezos a niveis récord e o litro xa roza os dez euros nos supermercados.

Malia o seu encarecemento, é a base da nosa cesta da compra e non todo o mundo está disposto a prescindir deste produto. 

Por categorías, o virxe extra aguanta mellor o tirón e as vendas caen un 14 por cento, moi lonxe da baixada do aceite de oliva. 

Os expertos prevén que a escalada dos prezos continúe na seguinte colleita, pero din que non será tan brusca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos