Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza en Ferrol o concurso hípico Equiocio

Comeza en Ferrol o concurso hípico Equiocio

300 xinetes e amazonas de todo o país e tamén de Portugal participan no evento

Tamén haberá probas de bicicleta BTT e bautismos de surf

G24.gal 04/08/2022 21:05

As pistas de Equiocio son xa un fervedoiro de xinetes e amazonas.

"Agora mesmo estou montando o cabalo dunha alumna porque ela non puido vir. Estouno paseando un pouco, estouno adestrando para que se afaga ás bandeiras, ao vento, aos demais cabalos... para que mañá vaia cómoda", di Noa García, da escola de hípica Prado Ventura.

A inauguración oficial e as probas do concurso comezan este sábado.

"Temos probas profesionais no concurso de salto nacionais tres estrelas, pero tamén temos un nacional de ponis con nenas e nenos de 8 e 9 anos que é unha marabilla e unha proba territorial que é a que aglutina a maior parte de familias que veñen de todas partes de Galicia, España e Portugal", explica Federico Pérez Lago, director técnico de Equiocio.

Pero o evento non se limita só ao mundo da hípica.

"Aquí temos outros deportes. Hoxe é a xornada dedicada ás bicicletas, á BTT. Faremos a xincana, unha ruta BTT nocturna, bautismos de surf na praia de Covas e temos unha zona chea de obradoiros e actividades das 22 asociacións que forman xa Equiocio Social. Hoxe hai un festival de animais de compañía, e tamén temos cine ao aire libre", conta Federico Pérez.

E ademais este sábado actúan Los Limones, porque dende hoxe e ata o domingo Equiocio ten tamén espazo para concertos, eventos gastronómicos e promoción turística da comarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade