Cargando resultados...
Marrocos e España celebran o primeiro cumio tras o cambio de postura sobre o Sáhara
Marrocos e España celebran o primeiro cumio tras o cambio de postura sobre o Sáhara
Pedro Sánchez viaxa a Rabat a unha cita á que acode sen ningún ministro de Unidas Podemos
G24.gal
30/01/2023 13:08
Pedro Sánchez viaxa mañá a Marrocos para un cumio de alto nivel en Rabat. O presidente do Goberno irá acompañado dunha ducia de ministros socialistas, pero ningún de Podemos.
Este é o primeiro cumio con España despois do cambio de postura do Goberno español sobre o Sáhara o pasado mes de abril. Unha decisión criticada pola formación morada. Durante os dous días do cumio tratarán de pechar acordos en distintas áreas.